Carlangas naceu a unha temperá idade en Santiago de Compostela. Escribe cancións e tamén as canta. Ás veces ante miles de persoas e, outras veces, cos seus amigos polos bares do seu barrio, no sur de Madrid. O único que lle interesa é que bailes, que a xente estea contenta e que non lle vendas a moto.Segundo di, “as etiquetas son para os supermercados”, e por iso mestura rock, electrónica, música disco, hip hop ou cumbia. Se o queres, báilalo, e se non, déixalo.
Contratación
Ernie Records Josiño Carballo info@ernierecords.com