• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Vox Stellae

Vox Stellae é un grupo vocal que nace en 2002. Un dos seus sinais de identidade -amais da interpretación do repertorio renacentista e barroco- é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular, grazas á versatilidade e ampla formación vocal e instrumental dos seus membros.

Amais de ofrecer concertos regularmente por toda a xeografía galega, ten participado en actos institucionais e interpretou programas didácticos ante máis de 2.000 escolares. Ten actuado en ciclos e festivais como: "Vía Stellae", "Terra da Fraternidade", “Espazos Sonoros”, “Semana Internacional de Música de La Laguna”, “Festival Internacional Provincia de Palencia”, “Festival de Música Vocal de Castilla y León”, “Outono dos sentidos” na Ribeira Sacra... e as tempadas de abono das Sociedades Filarmónicas de Monforte, Ferrol e Vigo.

Vox Stellae colabora con agrupacións e solistas diversos como a Orquesta de Cámara de Tenerife, Orquestra de Cámara Galega, Os Menestreis de 1500, Finis Terrae Brass, Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Mercedes Hernández, Fernando Buíde, Uxía Senlle, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán.

En 2013 presentou o seu primeiro disco: "Defensor alme Hispaniae", con música inédita do mestre da catedral de Tui Matías García Benayas (+1737).

Contratación

Jenios SL
Nieves García-Soto
(+34) 649 370 505 - (+34) 609 847 906
voxstellae@gmail.com / jenios62@yahoo.es

Discografía

Salvete Flores

VOX STELLAE

2016, Vox Stellae

Gaude, María Virgo!

VOX STELLAE

2014, Santuario da Franqueira / Consellería de Cultura Xunta de Galicia

Defensor Alme Hispaniae. Matías García Benayas (+1737)

VOX STELLAE

2013, Bispado de Tui-Vigo /Consellería de Cultura

Vídeos

Venham mais cinco

ALINE FRAZAO & XOAN CURIEL, VOX STELLAE / BANDA UTOPÍA

Verdade e mentira

VOX STELLAE E JOAO AFONSO

Desde Galicia para el mundo: Leer entre líneas

VOX STELLAE

Tal vez tamén che gusten

Grupo de Música Antiga 1500

A Gaita Vai á Igrexa

Fernando Pérez Fernández

Lugo Camerata (LUCA)

Nuria Lorenzo López (mezzosoprano)