Sila Lua, artista e produtora galega, leva desde 2017 desenvolvendo o seu propio son, algo a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea; unha mestura libre de xéneros froito da súa crianza en Galicia e Madrid, e dos seus anos vivindo e estudando produción musical en Londres.As súas cancións, de forte mensaxe lírica, producións detalladas e unha elegancia misteriosa, valéronlle o título de “diva marciana do novo pop escuro europeo” por parte de diversos medios de prensa especializados.En 2022, este talento emerxente acadou un éxito viral cos seus temas 'Nada' e 'Quiero Llorar', parte da banda sonora oficial da cuarta tempada da serie 'Elite' de Netflix, que xa acumulan máis de catro millóns de streams combinados e máis de 200.000 Shazams ('Nada' alcanzou o posto 160 nas listas globais de Shazam na primeira semana da estrea da serie). Isto brindoulle a oportunidade de escribir por encargo 'Tanta Vida', canción orixinal da serie de Atresplayer 'La Edad de la Ira'.En 2023 presentaba o seu primeiro álbum “ROMPE”, un traballo conceptual que xira arredor mar, os seus símbolos, os seus mitos e a súa inmensidade, e que se compón de 11 cancións. Unha mestura moi coidada de música urbana, electrónica e pop na que a artista estivo traballando o pasado ano e medio man a man xunto ao produtor Mumbai Moon, e onde contou con varios músicos, productores e colaboradores de España, Brasil e Ecuador.
Contratación
IDEAROCKXaime Casas 986 472 556 - 610820479 idea@idearock.com