
Compositor e músico autodidacta, actualmente residente en Carballo, provincia da Coruña.Cun amigo do barrio fixen o meu primeiro grupo, un dúo, e pouco despois con outro mozo que cantaba presentámonos no instituto tocando cancións. Máis adiante, en Vigo e arredores, formei varios grupos pero con pouco éxito, porque aos problemas de ensaiar, se xuntaban problemas persoais, de traballo, de tempo, entre músicos... As cousas, por unha ou por outra non funcionaban; sempre era un paso adiante e outro cara a atrás. Supoño que o que tocou entende o que digo.Tras abandonar a música por un tempo (anos) dei cun programa de computador que me permitía reproducir calquera instrumento. Traballando cun manual conseguín facer o meu primeiro disco virtual instrumental, que quedou como algo persoal, sen divulgar.En 2022, e logo de moitas voltas volvín tentalo —no fondo sempre tiven a ilusión de que o meu traballo puidese ver a luz —e pensando en facer as cousas ben, contactei con Andrés Teijeiro (técnico de son) que me ensinou a utilizar de forma correcta un programa de computador co cal conseguín facer o meu primeiro disco, “Pálida estrella”, e este último que acabo de publicar (o cuarto) “Perro azul”, á vez que o mesmo me Andrés facía a mestura e masterización.Destacar que todos os instrumentos, voces, produción, composición e arranxos deste disco están feitos por min, voz e guitarras de forma natural e o resto virtualmente cun teclado midi e unha biblioteca de instrumentos.
Contratación
ValróJosé María Valeiras Roldán 604 084 504 josemariavaleiras@gmail.com