Clave de Fado é un grupo independente nacido en Galicia para ofrecer unha visión diferente da música en galego e portugués. Partindo do fado, logran unha fusión interesante e rica que marca un estilo de seu.A alma de Clave de Fado é a virtuosa voz de Iria Estévez, que interpreta cada tema con elegancia e un estilo moi persoal. Unha voz doce, con carácter, que namora a quen a escoita. Xunto a ela, Paco Dicenta (contrabaixo): músico consagrado que compartiu escenario con Abe Rábade, Mercedes Peón, Lara Bello, e que gravou con Berrogüeto, Aerolíneas Federales ou Mónica de Nut; Gonzalo Piña (guitarra española): músico versátil membro de varios grupos en Galicia ou Barcelona e compositor para obras teatrais da compañía SR. Serrano; e Isaac Garabatos (viola caipira): formado en Madrid, onde se diplomou en harmonía contemporánea e música moderna, Londres e Barcelona. Intérprete e compositor polifacético, autor de música para obras de danza contemporánea, teatro, curtametraxes, e tamén para outros grupos."Xanelas", é o primeiro disco de Clave de Fado, para o que contaron coa colaboración especial de Uxía Senlle, entre outros. Gravado grazas ao apoio do público a través dunha campaña de "crowfunding", poden escoitarse temas de creación propia interpretados en galego, portugués ou castelán e versións de grandes temas da música galega e portuguesa, como "Lela", "Fado Lágrima" ou "Meu fado meu".
Contratación
Iria Estévez Pacios (+34) 690 773 230 enclavedefado@gmail.com