A nova voz da música galega. Compositora e regueifeira. Performer e letrista. Con só 19 anos gañou o I Certame de Canción de Autor en Galego do Concello de Teo. Como premio gravou "Aínda", o seu primeiro disco, editado por aCentral Folque, producido polo contrabaixista cubano José Manuel Díaz e con arranxos del e do tamén cubano Alejandro Vargas. No disco gravaron músicos da talla de Óscar Fernández, Airel Ninas, Pedro Pascual ou Gutier Álvarez. Ademais dos tres músicos que a acompañan en directo: José Manuel Díaz ao contrabaixo, Felipe Villar á guitarra e Carlos Freire á batería. As composicións de Alba María falan da Galiza actual, das súas conquistas e perdas, da súa xeración e as pasadas. Con letras que debuxan os "Aíndas". Con coraxe, con intelixencia, con humor. "Aínda" presentouse no Culturgal de 2014 e, desde entón, está de xira.
Contratación
aCentral Folque Olga Nogueira (+34) 669 661 781 promotion@folque.com