Percusionista especializado no comisionado e estreno de obras, concretamente para percusión, electrónica e arte visual sincronizado (música electroacústica) de novos compositores nacionais e internacionais, cunha posta en escena que se converte en toda unha experiencia multisensitiva.Robertoliveira completa os seus estudos de licenciatura en percusión no Koninklijk Conservatorium da Haia (Países Baixos). Continúa os seus estudos co Master in Music Performance-Chamber Music na Royal Irish Academy of Music de Dublín (Irlanda), obtendo a distinción First Class Honours pola DCU Dublin City University.Realiza concertos como solista, tamén con ensembles contemporáneos e orquestras sinfónicas xunto a destacados artistas, directores e compositores actuais, en salas de concertos e festivais de países como Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Dinamarca, Noruega, Hungría, Italia, Chipre, Austria, Luxemburgo, Eslovenia, Eslovaquia, Suíza, Irlanda, Irlanda do Norte, Inglaterra, Marrocos, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Filipinas, Taiwán, China ou Letonia.Finalista dos IV Premios Martín Códax da Música, Robertoliveira está considerado un dos artistas máis creativos, atrevidos e innovadores do panorama musical contemporáneo.
Contratación
ROBERTOLIVEIRAAngel Vaqueiro (+34) 986 349 447 - 619 301 112 management@robertoliveira.es