• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
CALDO

Caldo é unha proposta musical centrada en crear novos hábitats para as melodías da tradición oral galega. A través dun formato de trío acústico formado por voz e pandeireta, violín e guitarra, Caldo consegue que contemporaneidade e tradición conflúan de xeito natural.

Cun disco e dous singles publicados, teñen tocado en diversos festivais importantes da escena folk peninsular como o Rubrifolkum de Sant Boi de Llobregat, WIM Festival de Burgos, Festival de Música Noroeste (Braga-Portugal) ou mesmo o Festival de Ortigueira, entre moitos outros.

Caldo foron gañadores dos Premios Martín Codáx na categoría de Música Folk e do Premio Fran Pérez NARF en 2020.

Neste 2022 están a preparar o seu segundo disco do que xa publicaron un adianto, “Acorro”, tema acompañado dun videoclip creado pola artista Montse Piñeiro onde exploran unha sonoridade máis progresiva ata case rozar o punk. Nesta nova etapa deciden reformular as letras tomadas da tradición oral para elaborar un discurso propio adaptado ás novas realidades.

Caldo consegue que te mergulles no seu imaxinario de tradición, letras e paisaxes sonoros acadando unha sensación de pertenza a unha comunidade e identidade propias.

Contratación

Luneda producións
Aitana Cuétara
646 165 044
aitana@luneda.gal

Discografía

Caldo

CALDO

2019, Caldo

Vídeos

Acorro

CALDO

Arrolo de Cumieira

CALDO

Albor en Moscoso

CALDO

Alborada de Inzenga / Ay Roxiña!

CALDO

Tal vez tamén che gusten