• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Deusa Tola

Deusa Tola achéganos unha odisea musical atemporal, meténdose nas raíces comúns da súa terra natal, Galicia, e dos sons das beiras do Atlántico; pezas do noso repertorio popular mesturadas con cancións emblemáticas dos nosos tempos: os grandes clásicos da música antiga e contemporánea.

Os integrantes de Deusa Tola son dous músicos de longa bagaxe musical e cunha grande capacidade de integración dos seus estilos.

Susana de Lorenzo, soprano, posuidora dunha voz impresionante, chea de emoción e matices, ten creado un estilo musical propio, resultado dunha fusión de música clásica, lírica medieval galego-portuguesa, folk de raíces celtas galegas e irlandesas, pop, rhythm&blues, e outras influencias diversas. Comezou a súa carreira no mundo do pop-rock, evolucionando transversalmente nos diferentes estilos, ata converterse nunha das mellores voces da Galicia.

O guitarrista acústico e eléctrico Xoan Piñón, artista polivalente, compositor e arranxista, guitarrista de grande técnica e elegancia, é un dos pioneiros da música galega contemporánea, fundador do grupo de folk DOA pertenceu a diversas formacións de música experimental, electrónica, rock e folk. Piñón leva a cabo un grande traballo de investigación sobre formas sonoras e adaptacións musicais, nunha aposta pola mestizaxe e a música sen fronteiras.

Nos seus concertos Deusa Tola interpreta un variado repertorio que engancha pola súa orixinalidade. Deusa Tola actúa con amplificación ou en acústico.

Contratación

Deusa Tola
Emilio Prado
(+34) 629 688 378 - (+34) 677 783 121
xoanpinon@xoanpinon.com milunadeplata@gmail.com

Vídeos

Non sofre (Live, HD). Forum Metropolitano da Coruña

DEUSA TOLA

A doncela de Bedlam (Live, HD). Forum Metropolitano da Coruña

DEUSA TOLA

Non sofre (Live, HD)

DEUSA TOLA

O aluado. Implícate 2014 (HD)

DEUSA TOLA

O meu amigo era artesán (Live, HD)

DEUSA TOLA

O tempo dirá (HD)

DEUSA TOLA

Tal vez tamén che gusten