
PEIXE está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista desde unha mirada contemporánea e interpretada desde a modernidade e desde a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos quen... E de aquilo que somos e non desexamos.PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación.PEIXE é entender que entre nós, ata onde alcanza a vista, non hai gaiolas nin peixeiras que nos pechen.PEIXE somos cada un de nós, únicos e irrepetibles.
Contratación
Nalgures Producións SLMerchi 982 25 02 45 - 628 13 37 15 contratacion@nalgures.gal