Alá por maio de 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio, na TVG, e noutras canles, e formou parte tamén do repertorio dalgunha orquestra galega.Un ano máis tarde a Balbina pariu O Fillo do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón que significou este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda Galicia, compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, ou Cuchufello entre outros, e levando sempre boa música en galego e moita festa.As súas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Pois, se hai algo que define os seus compoñentes, é que cantan e contan historias que son nosas e comúns nas catro provincias de Galicia. Desde os seus inicios manteñen unha proposta que mestura ritmo e melodía coa musicalidade da lingua galega. Agora mesmo teñen un disco no mercado co título do primoxénito da Balbina “Estomballada” e outro vén de camiño.
Contratación
Sonaxe Sociedade Cooperativa Galega Ketty Paisal (+34) 655 700 626 info@sonaxe.com - kettypaisal@sonaxe.com