
ABRIL é un proxecto de música folk contemporánea formado por Claudia Abril, Marina Carpente e Antón Lago. Voz, percusións tradicionais como a pandeireta ou o pandeiro, violín folk e guitarra clásica para levar a escena un coidadísimo repertorio que contribúe á posta en valor da música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade.ABRIL experimenta con melodías de raíz galega e ibérica adaptadas con personalidade e frescura a sons máis actuais.
Contratación
Urdime s coop galegaÁngela Vila 698 132 935 - 981 937 424 distribucion@urdime.net