• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
A Buxaina

O Grupo de Pandeireteiras A Buxaina créase no ano 1985 dentro da formación de baile que leva o mesmo nome, para acompañalo como conxunto musical.

Alá polo 1995, é cando o grupo se estrea co seu propio espectáculo, aínda que tamén seguirá acompañando musicalmente os bailadores nas súas actuacións.

É coa chegada de Margó Gaioso Lago (quen a día de hoxe as dirixe e acompaña), cando o Grupo de Pandeireteiras A Buxaina comeza a darlle máis importancia á técnica vocal, incorpora xeitos diferentes de tocar e introduce outros instrumentos de percusión tradicional como o pandeiro, a pandeira, etc. O seu repertorio é froito dun traballo de recompilación realizado polas distintas aldeas de Galicia e aprendido dos nosos maiores. E é tamén neste momento cando A Buxaina comeza a ter actuacións máis destacadas, como a súa participación, en setembro de 2014, no Festival de la Luz de Boimorto, como gañadoras do concurso Cultivando Música na categoría de Música Tradicional.

En 2013 acadan o primeiro premio no certame Interritmos, o que lles permite incluír o tema gañador (“Serán dos Seixedos”) no CD colectivo “Ritmos y Pueblos”, que recolle música tradicional de distintos lugares do Estado. En 2014 son tamén seleccionadas para incluír este tema no CD colectivo “A Way to the Atlantic” de GalicianTunes que engloba o máis destacado das diferentes músicas feitas en Galicia na actualidade.





Contratación

Margó Gaioso
(+34) 677 831 181
margolago@hotmail.com

Vídeos

Galician folk dance: Pandeirada de Liñares

A BUXAINA

Tal vez tamén che gusten