A Agrupación Folclórica "O Pedrón" nace no ano 1991 co fin de recoller, estudar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia. Desta asociación saíron boa parte dos pequenos grupos da comarca. En decembro de 2013 tiñamos 37 alumnos repartidos en banda, baile, cantareiras e pandeireteiras. Temos todo tipo de clases para pequenos, medianos e maiores, sen límite de idade. Todos os instrumentos que utilizamos son tradicionais: gaita, tamboril, bombo e pandeireta.Sempre colaboramos coa cultura de Padrón, vimos actuando en actos como: Ruta Xacobea na súa chegada á Ponte (Padrón), San Xoán do Raio, Festa do Pemento, o Santiaguiño, a Traslatio, Sta. Cecilia, procesións de Semana Santa, actos coa Irmandade de Amigos e Fillos de Padrón, Ruta Quetzal, pasarrúas, actos no convento de Herbón co recibimento ao xeneral dos franciscanos de Roma, etc. Fóra do noso concello, actuamos en Laxe, Marín, A Pobra do Caramiñal, Santiago, Calo, Leiro, Pontecesures, A Estrada, Dodro, Dena, Pontevea, Lalín, Bertamiráns, Pontevedra, Madrid, Portugal e Bilbao.Fomos gañadores do primeiro premio do certame de música tradicional do proxecto Interritmos, celebrado en Padrón en xullo de 2013, co que gravamos un CD promocional xunto a 21 agrupacións de toda España, e do que se editaron 22.000 copias.
Contratación
Manolo Cadilla (+34) 606 668 098 - (+34) 650 573 722 cadilla66@hotmail.com opedron@terra.com