• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mediarea

En 2019 catro músicos únense cun obxectivo concreto: tocar no Entroido do Hío 2020.

Logo desta magnífica experiencia, nin a pandemia nin as dificultades para formar un proxecto estable conseguiron desviar o sendeiro marcado nun primeiro momento polos catro, coas achegas particulares de cada un e un sentir común: o amor pola música patrimonial galega e a responsabilidade de contribuír á súa saúde con afán creativo.

A gaita de Gael Pérez, ancorada na tradición do Morrazo pero garrando por outros rumbos; o acordeón de Zé Pumar, achegando frescura con melodías e harmonías novas; o toque xoguetón pero preciso de Luís Malvido no bombo; a intensidade e enerxía da percusión de Rodri Martínez bebendo de moitos estilos... Estas son a vide, a auga, a terra e o sol.

E así se fixo Mediarea, como un viño novo cargado de personalidade propia, pero coa marca da terra que o viu nacer. Un grupo que gaña co tempo, que madura e adquire matices, que asenta e deixa pouso.

No seu primeiro ano puideron mostrar súa proposta ao vivo en numerosos escenarios, destacando a final do certame Interritmos Sons do Rural no Náutico de San Vicente ou a Festa Folc de Vilariño; ademais de publicar o seu primeiro videoclip, “Muiñeira Mediarea”.

En maio de 2023 ve a luz o seu primeiro LP, “Sebo de Ghrilo”, onde a través das súas propias músicas intentan amosar a forza que caracteriza os seus enérxicos directos coa maior fidelidade, acadando marabillosas críticas.

“Un disco imprescindible para os que amamos a música tradicional de Galicia”.

Contratación

Culturactiva
Zoe / Roxo
623 416 132 - 619 933 348
info@culturactiva.org

Discografía

Sebo de Ghrilo

MEDIAREA

2023, Independente

Vídeos

Muiñeira Mediarea

MEDIAREA

Tal vez tamén che gusten