• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Vimbio

Vimbio é a nova cara da escena metal. Comandados por Álex Arnoso, coñecido polo seu protagonismo en SonDaRúa, e Jacobo Castro, o grupo xorde para conxugar o rap coa esencia do metal da década dos 90 e do 00. Baixo un gran eclecticismo musical, o grupo propón letras e ritmos moi contundentes, combinando os flows tan característicos de Álex coa potencia dunha banda composta por grandes veteranos da escena metal galega. Vimbio nace para reflotar e rexuvenecer xéneros que viviron o seu mellor momento nos anos 2000, aportando un aire renovador e diferenciador que busca volver a poñer no foco estes estilos de música.

Co lanzamento do seu primeiro disco, "Comeza o Xogo", o grupo pon enriba da mesa a súa carta de presentación, co claro obxectivo de facer desta unha época na que brillen as guitarras e os flows contundentes. Esta clara declaración de intencións levounos a ser finalistas dos prestixiosos Premios Narf, así como a sumar arredor dun cento de milleiro de escoitas en plataformas e sumarse aos carteis de grandes festivais como o Festival de la Luz ou Festival Millo Verde entre moitos outros, así como a desenvolver unha extensa xira por salas galegas.

Vimbio é o aire fresco que precisaba a escena metal. Cun potente directo no que o grupo mestura os dous grandes xéneros que o caracterizan, o rap e o metal, a banda levará a súa contundencia e diversión por salas e festivais neste 2026.

Contratación

PlayPlan Cultural
Andrés
+34 986 903 509 - +34 696 874 302
contratacion@playplan.es

Discografía

Comeza O Xogo

VIMBIO

2026,

Vídeos

Pajitas de Bambú

VIMBIO

Seres de Luz

VIMBIO

Crise

VIMBIO, HUGO GUEZETA

Eu non quero traballar

VIMBIO

Comeza o Xogo

VIMBIO

Insisto

VIMBIO

Tal vez tamén che gusten