• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
aCadaCanto

aCadaCanto é o proxecto que deu en xuntar a catro grandes da música galega (Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) despois de ter coincidido entre eles en varios proxectos. Participaron en Nordestinas, Espido, Berrogüetto, Nova Galega de Danza… Guillerme e Xabier son membros de Berrogüetto, grupo no que anteriormente cantaba Guadi; Xabier contou con Xosé Lois e con Guillerme no seu "Músicas de Salitre"; Guadi e Guillerme son Espido, e Xabier e Guillerme publicaron xuntos "Arrolos de Salitre". En aCadaCanto conflúen todos os traballos anteriores no seu primeiro proxecto común.

Xuntos editaron dous traballos. O primeiro deles, "aCadaCanto", está composto por trece temas nos que atopamos algúns de autoría propia, outros de corte tradicional e de literatura de autor: Xosé María Álvarez Blázquez, Carlos Rivero Troncoso, Victor Ramil e unha versión dun tema de Santiago Auserón. Poesía sen artificios.

O segundo, "A Rosa d'Adina", contén seis poemas musicados de Rosalía de Castro e xorde precisamente coma homenaxe no 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos". A humilde empresa de aCadaCanto, como músicos de hoxe, é perpetuar a palabra de Rosalía precisamente onde reside a lírica popular, na memoria colectiva. Esa que sabe e, ás veces, non sabe de quen sabe.

Contratación

Músicas de Salitre, S.C.
Rosa Salgado
(+34) 639 350 879
acadacanto@musicasdesalitre.com

Discografía

A Rosa d'Adina

ACADACANTO

2013, Músicas de Salitre

aCadaCanto

ACADACANTO

2012, Músicas de Salitre

Vídeos

Este meu camiño

ACADACANTO

Coplas de estrelas

ACADACANTO

Lúa

ACADACANTO

Dende a Limia

ACADACANTO

Aló

ACADACANTO

Teu nome por mar e terra

ACADACANTO

Tal vez tamén che gusten