• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Coanhadeira

En Galicia, as coanhadeiras eran as mulleres responsables de varrer os restos do cereal logo da malla. Coanhadeira naceu no ano 2006 con ese mesmo espírito de recollida. Porque esta formación de música folque vive entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.

Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, nos últimos anos esta banda acadou numerosos recoñecementos. Os galardóns chegáronlle á formación durante as súas múltiples visitas aos principais escenarios folk do sur de Europa, como son o Festival de Pardiñas (Galicia), A Carballeira de Zas (Galicia), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galicia), Sauga Folk (Colindres – Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de Lorient (Francia).

No 2015 lanzan o seu novo álbum, Bicos con Luvas, co que pretenden realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira. Desta volta, a banda non chega soa. Contou co apoio de ducias de mecenas que contribuíron nunha campaña de crowdfunding para acompañar o grupo nesta nova aposta discográfica.

Patricia López: voz e percusión; Xerardo Quintela: acordeón; Chechu Pérez: gaitas e zanfona; Kinhos Saburido: percusións; Oscar Freire: saxo soprano e tenor; Samuel Soto: bouzouki.

Contratación

Culturactiva SCG
Manuel Roxo
(+34) 981 582 836 - (+34) 619 933 348
info@culturactiva.org

Discografía

Bicos con Luvas

COANHADEIRA

2015, Coanhadeira

Po

COANHADEIRA

2009, Fak Records

Vídeos

Ézaro

COANHADEIRA

Gargantinha

COANHADEIRA

Bicos con Luvas (Promo)

COANHADEIRA

Tal vez tamén che gusten