
María do Ceo "Corpo de muller e alma de Fado".Cando canta, María do Ceo transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa intérprete de fado, porque realmente ela é corpo de muller e alma de fado.Din dela os críticos, que María do Ceo nos achega o fado como ata agora ninguén fixera antes. Unindo as súas múltiples influencias ao sentir portugués e á dozura natural do idioma galego, está dotada de calidades vocais excepcionais, envolve de inmediato o público nun ambiente máxico coa musicalidade arrepiante que lle xermola da alma. Cunha sólida carreira internacional —foi recoñecida e condecorada como embaixadora da cultura galega no mundo— ten sempre o Fado como inspiración primordial.
Contratación
Zouma Producciones, S.L. Carlos Barandela (+34) 988 240 248 - (+34) 629 413 333 info@zoumarecords.com