Músicas de raíz e xogo de latitudes. Vibrante, evocador, tradicional e moderno. Pezas de grande sensibilidade galega e universal.Musicalmente activo desde 1997, Nelson Quinteiro é percusionista, pandereteiro e sobre todo vocalista, cantareiro e arranxista de interesantes propostas de canto tradicional.En 2007 entra en contacto co mundo dos pedais de loop e delay, chegando a unha innovadora proposta polifónica en directo arredor da música de tradición oral galega coa que pon en marcha espectáculos e bandas sonoras para espectáculos de danza tradicional-contemporánea. En 2014 publica o seu primeiro disco, "Orquesta Gharbo!", que acada increíbles críticas da prensa especializada e se presenta en recipientes escénicos tan relevantes como o Teatro Colón (A Coruña).Desde 2017 se acompaña de Brais González (piano) e Blas Castañer (percusión), membros de Caspervek Trío, cos que xirou en espazos singulares como o Hiru Arteta (Urrugne-País Vasco Francés) ou Músicas ao Natural en Viveiros O Piñeiro.Co disco “Músicas de Domingo” (2019) consigue un directo de grande calidade e moi emocionante. Pezas que conmoven e que fan viaxar na butaca; un xogo de latitudes pensado para sala, teatro, salón, auditorio, praza, museo, espazo non convencional en calquera parte do mundo, co engadido do noso piano de cola. Unha tarxeta de visita da música galega cunha factura impecable.
Contratación
Nelson Quinteiro ProduciónNelson Quinteiro Roa (+34) 647647404 - (+34) 986770329 nelson.quinteiro@gmail.com