• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Zurrumalla

Zurrumalla naceu como grupo alá por febreiro de 2000 cando un grupo de amigos decidimos dar pulo aos nosos anhelos e ás nosas inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzo e o tempo roubado aos nosos quefaceres cotiáns para os ensaios por acá e acolá, fomos quen de ilusionarnos e gozar coas notas que iamos arrincando á historia e á tradición musical da terra. Arredor dela creamos un universo no que nos sentimos unidos, ditosos e orgullosos. O noso desexo é compartir este gozo, esta ledicia e este orgullo para que entre todos e todas dignifiquemos a tradición. Por iso, durante estes anos da vida do grupo, e ao longo dos moitos concertos pola xeografía do país, procuramos ofrecer o mellor que como gaiteros podemos arrancar de nós.

Zurrumalla consegue de cada actuación unha festa; cun estilo musical baseado no tradicional e aproximándose a un folk propio, achegan composicións e arranxos que farán as alegrías do público. Unha sorpresa de vitalidade, e novos aires na nosa música.

Zurrumalla, unha formación que leva doce anos estudando e tocando toda a música tradicional galega, facendo de cada actuación unha festa, cun estilo musical baseado na tradición, achega composicións e arranxos que farán as alegrías do público. Unha sorpresa de vitalidade, e novo aire da música galega.

Contratación

Xusto Molejón Valoría
(+34) 638 676 259 - (+34) 886 115 343
xusto@inquedanzas.com

Discografía

Camiño por ti

ZURRUMALLA

2016, Inquedanzas Sonoras

O que había e... o que hai

ZURRUMALLA

2011, Inquedanzas Sonoras

Vídeos

Rumba do Titanis

ZURRUMALLA

Tal vez tamén che gusten