Pepe Vaamonde Grupo leva máis de trece anos de vida e 200 concertos nos escenarios máis representativos do folc. O seu espectáculo é un proxecto artístico baseado nas creacións propias, que son as que integran a maior parte do seu repertorio, e tamén nunha visión diferente da música do país, con temas tradicionais cantados arranxados de forma moi persoal. O resultado é un directo contundente e orixinal.O grupo lidérano o compositor, gaiteiro e frautista Pepe Vaamonde, e o arranxista e guitarrista Pipo Alvariño, acompañados por Jesús Vidal ao baixo, Miguel Anxo López ás percusións e Miryam González ao acordeón.Despois dos tres traballos anteriores “Aviouga” (Discmedi, 2002), “Onde nace o vento” (Discmedi, 2005) e “Introterra” (2009) presentan o seu novo disco “Nas pedras do lar” (2015 )gravado en directo nos impresionantes estudios PKO de Madrid, e que conta ademais coas colaboracións de Javier Feijoó á voz, Brais Monxardín ao piano, Germán Díaz á zanfona e Pablo Dalama ao saxo.“Nas pedras do lar” é un disco de máis dunha hora de duración feito de catorce cortes de moi diversa índole estética, sendo o elemento natural que faltaba na súa discografía, o cuarto elemento: o lume, quen guía e fusiona a esencia da música tradicional galega de sempre con toda unha chea de novos sabores sonoros. O arrecendo da Terra fúndese na Pedra da Lareira, a través do Lume, con outros ingredientes provintes de moi diversos estilos musicais, creando un novo caldo de onde renace unha nova música con sabor a folc galego do século XXI.
Contratación
Aviouga S.L.José Ramón Vaamonde Manteiga (+34) 629 830 221 - (+34) 696 943 293 pepevaamonde@hotmail.com