
Trátase dun proxecto musical sen precedentes dentro do movemento world music, que toma como base o jazz e fusiona a música occidental europea de orixe ibérica coa música tradicional da India, tendo como vehículo sonoro unha formación de piano, sitar, táboa india, saxo tenor, frauta traveseira, gaita de fol, viola de arco e música electrónica.A formación está encabezada polo pianista, compositor e produtor galego Alberto Conde, na actualidade profesor de jazz do CSM Coruña, recoñecido como o innovador da muiñeira jazz; o sitarista Shakir Khan, oitavo sitarista da lexendaria dinastía Etawan Gharana, unha das máis prestixiosas da India, alumno e fillo do mestre Ustad Shahid Parvez Khan; o taboísta Vikas Tripathi, alumno do mestre de táboa Prasad Mishra (premio nacional da India); Xosé Miguélez, profesor de gaita de fol do CPM Vigo, licenciado en jazz-saxofón na ESMAE de Porto e cun mestrado na Guildhall de Londres; o produtor e DJ de música electrónica galego B.O.U.L.E., con temas e álbums de importante posicionamento nas listas de música electrónica de Miami (Florida); e José Valente, compositor e viola de arco portugués, que cursa estudos clásicos superiores en Viena e de jazz na New School (Nova York), tocando con músicos como Paquito de Rivera, Yoshua Redman y Dave Douglas, entre otros.
Contratación
Alberto Conde (+34) 657 430 540 albertoconde@albertoconde.com