
Liderado pola mezzosoprano Nuria Lorenzo, LADIBAIN é un grupo musical que nace en Vigo en 2014 e que se adentra en novos terreos de fusión do jazz e o soul, sen perder así o selo lírico, característica impresa pola intérprete nas súas actuacións.
Tamén colaboran no proxecto Karolis Biveinis como pianista, Ángel Martínez no baixo eléctrico e bouzouki e Noli Torres na batería.
O grupo conta ademais cunha escenografía, vestiario e atrezzo propios, así como colaboradores profesionais de luminotecnia e son de primeira orde. De todo isto emerxe un produto coidadoso de estilo inequivocamente propio, onde prima a elegancia e a calidade como principais marcas de identidade.
Contratación
Nuria Lorenzo
(+34) 676 752 373
ladibain@gmail.com