• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Pandeiromus

Pandeiromus: Grupo de música tradicional nacido en Santiago no ano 1992. Composto nas súas diferentes etapas por un grupo de 3 a 7 membros, adicados á investigación e interpretación de música galega de tradición oral, tentando recoller o repertorio masculino existente. E dicir, cantamos, acompañados de instrumentos de percusión da tradición galega (palmas, cunchas, culleres, chaves, latas, tamboril, bombo, platillos, redoblante, ...) e tamén por gaitas en diferentes tonalidades e acordeón. Durante moitos anos un dos poucos, e por momentos único, grupo de pandereteiros (homes), mentres proliferaban os de pandereteiras (mulleres).

O espectáculo: Coa experiencia de case 20 anos participando en foliadas, seráns, festas e festivais, Pandeiromus propón un repertorio exclusivo para baile tradicional galego chamado “Pica na Pedra”. Muñeiras, jotas, maneos, valses, pasodobles, mazurcas, interpretados con pandeiretas, cunchas, latas, sachos, tambores, bombos, gaitas, ou acordeón son os ritmos que se propoñen neste espectáculo que ten por obxecto que os pés do público piquen na pedra do chan.

Contratación

Culturactiva SCG
Manuel Roxo
(+34) 981 582 836 - (+34) 619 933 348
info@culturactiva.org

Discografía

Teño días (EP)

PANDEIROMUS

2015, Inquedanzas Sonoras

En conserva!!

PANDEIROMUS

1998, Autoeditado

Vídeos

Unha muller e outra muller

PANDEIROMUS

Pandeiromus - Directo

PANDEIROMUS

Tal vez tamén che gusten