Os galegos Pedro Fariñas e Fernando Barroso, xunto co músico portugués Luís Peixoto, crean esta banda en formato trío, mesturando a gaita coas cordas, sempre dentro da súa visión actual da música instrumental, creando pezas orixinais e, inevitablemente, con certa referencia á música popular galega e portuguesa. A súa traxectoria individual, a súa bagaxe e a súa versatilidade, adquirida tras participar en numerosos proxectos, fan de este un trío cunha sonoridade peculiar e con certo aire innovador no eido do panorama folk actual.
Contratación
Mada Producións Inés Portela (+34) 690 195 217 inesportela@madapro.gal