• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Javier Marcos

Ten Dez é o título do primeiro disco en solitario de Javier Marcos, grabado a quinteto con Rosolino Marinello nos saxos e clarinete baixo, Felipe VIllar na guitarra, Jose Manuel Díaz no contrabaixo e Max Gómez na batería. "Ten Dez" é unha compilación de arranxos de standards e outras cancións de autor cantadas en inglés e galego-portugués, abordadas dende unha perspectiva de igualdade e  amor desidealizado. 

Javier Marcos é unha das voces máis destacadas do jazz feito en Galicia, e asiduo da escena jazzistica gallega. Dende 2012 lidera tamén o seu propio trío con guitarra e contrabaixo.

De voz moi persoal, pode pasar por un crooner clásico ou abordar o cool jazz máis intimista. Iníciase no jazz a mediados dos 90's, e despóís duns anos apartado do xénero retomao en 2010, grazas ao bo momento que vive o jazz en Galicia, con multitude de músicos de gran nivel.

É tamén cantante do grupo de jazz manouche David Regueiro Swingtet e da banda de ska-reggae Transilvanians.

Contratación

Javier Marcos
(+34) 636 726 866
galoterrayin@gmail.com

Discografía

Ten Dez

JAVIER MARCOS

2015, FreeCode Jazz Records

Tal vez tamén che gusten