O simbólico nome do buque holandés no que o poeta rianxeiro Manuel Antonio estivo embarcado nas súas viaxes a América dá nome a este trío musical formado por Elena Tarrats (voz), Federico Mosquera (piano) e Mario G. Cortizo (percusión). O trío leva en funcionamento dende comezos do 2014 e ten tocado en Holanda e Barcelona. En Galicia, a súa presentación tivo lugar na compostelana Casa das Crechas dentro do Festival Feito a Man 2015, seguido doutros concertos pola nosa xeografía.“Cantos de poeta” (Gelria, 2016) é o primeiro traballo discográfico da banda, que se presenta nun coidado formato libro-disco con textos de Manuel Rivas, ilustracións e fotografías. É un percorrido pola lírica galega dende Curros Enríquez até Chus Pato a través de 14 cancións feitas a partir doutros tantos poemas.
Contratación
Noa López(+34) 650 605 152 info@noalopez.com