• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ghaveta

En Ghaveta, corda, voz e percusión conxugarán de todas as formas posibles na procura da emoción e do ritmo, do baile e a frescura, pero sobre todo buscando a conexión directa co ouvinte ata ser completamente partícipe dos directos.

Nunha formación de cuarteto acústico, Ghaveta conta cun amplo abanico de sons e texturas. O seu particular son chegará a mergullarte nun universo tímbrico cheo de ritmo, harmonía e sentimento; todo isto sen deixar de bailar, cos pés, coa cabeza ou co corazón, tí escolles!

Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións e bouzouki) crearon Ghaveta en 2013. Logo de madurar o proxecto en numerosos concertos, gravan “Disque” en 2015, un traballo composto por muiñeiras, xotas, pasodobres e cantos de traballo que conversan, en ocasións, con novas composicións e ritmos.

Percorrerás Galiza o carón dun arpa e unha pandeireta.

Contratación

Ghaveta
Marta Martínez
(+34) 658 616 520 - (+34) 610 849 405
ghavetas@gmail.com

Discografía

A raíz do pensamento

GHAVETA

2020,

Disque

GHAVETA

2015,

Vídeos

Aire

GHAVETA

Serán do ceo e Cernadela

GHAVETA, LAGHARTEIRAS

Vesta (Directo no Auditorio de Vigo)

GHAVETA

Tal vez tamén che gusten