• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Faltriqueira

Faltriqueira é un proxecto vocal autónomo que xorde das fontes da música tradicional, con influencias musicais de todo tipo, fusionando a polifonía coa percusión e os instrumentos acústicos.

A súa discografía comeza recopilando un primeiro repertorio, homónimo, inspirado na tradición e a canción de autor, e consolídase no seu segundo traballo onde abren o abano a sons e latitudes máis lonxanas que se mesturan con seu facer máis personal: o “efffecto Faltriqueira”.

Nunha segunda etapa creativa nace “The Pockettes”; catro pezas interpretadas en inglés e a capela: dúas versións de The Beatles e outras dúas de jazz popular e o vodevil estadounidense. Máis recentemente, e coincidindo co nacemento dos “faltriqueiriños”, publican catro novos temas que reflicten a orixe que as une: Pontedeume.

O espectáculo que Faltriqueira ofrece en directo resume a traxectoria dun grupo con máis de 15 anos pisando os escenarios coa continua ilusión por entoar divertimento, tanto enriba como abaixo da tarima.

Ana Leira, María López e Carolina Rodríguez (voces e percusión lixeira); Ricardo Rozas (guitarra); Jorge Juncal (acordeón); Alfonso Calvo (contrabaixo); Roi Adrio (percusión).

Contratación


Discografía

A Pontedeume

FALTRIQUEIRA

2013, Resistencia

A Cappela

FALTRIQUEIRA OU THE POCKETTES

2012, Resistencia

Efffecto Faltriqueira

FALTRIQUEIRA

2006, Resistencia

Faltriqueira

FALTRIQUEIRA

2002, Resistencia

Vídeos

Bei Mir Bist Du Schon

FALTRIQUEIRA

Corpiño Xeitoso

FALTRIQUEIRA

Labrada de Cortellas

FALTRIQUEIRA

As sete mulheres do Minho

FALTRIQUEIRA

Tal vez tamén che gusten