• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Primordiais

Formado por Marcelo DoBode e Luis Martíns, dous músicos do ámbito da música folk galega máis actual, PRIMORDIAIS convídanos a unha viaxe por unhas hortas nas cales crece e aflora toda a beleza que une a arpa coa voz e a percusión máis terrenal.

Marcelo DoBode é un artista multidisciplinar cunha extensa carreira nas músicas tradicionais. Mestre recopilador do legado etnográfico das músicas de raíz de Galicia, tráenos as súas magníficas composicións que se basean e nacen da tradición. Estas, fusionadas co son da arpa, fan que a música tradicional galega se renove para seguir crecendo, pero amosando os seus tons máis actuais.

Luis Martíns é luthier de instrumentos de corda, destacando especialmente coa arpa, e músico do ámbito do folk e da música tradicional. A súa arpa aporta unha luz única ás melodías e á voz e percusión do seu compañeiro.

Contratación

Marcelo DoBode
676 837 945
marcelodobode@gmail.com

Discografía

Droguería Moderna

PRIMORDIAIS

2016, Autoedición

Vídeos

Por ti moreno

PRIMORDIAIS

Tal vez tamén che gusten