• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Donicelas Folk Tradicional

Donicelas comeza como actividade escolar no CPI Altamira (Salceda de Caselas), na que o grupo mostra interese pola tradición musical galega. Así inicia unha andaina por toda Galicia e Portugal tentando dar a coñecer a súa particular perspectiva da música galega. Esta viaxe leva ás Donicelas aos estudios de TVE e TVG, así como a numerosos festivais.

No estudio de gravación, o grupo participou no traballo de Treixadura “Obrigado” (Cormorán, 1996), e tamén colaboran na gravación de “Feitizo” de Na Lúa. No 2005 cumpren o soño da publicación do seu propio disco, “Que nunca foi abalada” (2005), no que contan con numerosas colaboracións.

En 2012, Donicelas cumpre 20 anos e celébrano cun concerto con amigos que estiveron acompañando ao grupo ao longo de todos estes anos. Tamén modifican a súa estética, grazas á deseñadora de Salceda, Noe Nogueiras; o novo vestiario apórtalles unha imaxe anovada, sen perder a esencia da tradición.

En 2015, sacan ao mercado o seu segundo traballo, “Donicelas” (A Lagharteira, 2015), composto de 9 temas tradicionais e de autor, con arranxos propios e coa colaboración de artistas amigos como Xulio Lorenzo, Uxía, Paulo Nogueira, Miriam González ou Isaac Millán, quen tamén estivo aos mandos do estudio de gravación. Ademáis, tamén convidaron a antigos “donicelas” (X.M. López, Isa, Tere e Olaia).

O grupo foise modificando e enriquecendo ao longo do tempo e, actualmente, Noelia e Bea son os membros fundadores que permanecen no grupo xunto con Andrea, Rosa, Víctor e Xesús.

Contratación

Donicelas Folk
Andrea Rodríguez
(+34) 699 721 656 - (+34) 622 107 703
donicelas@donicelas.com

Discografía

Donicelas

DONICELAS

2015, Ancestral Estudios

Que nunca foi abalada

DONICELAS

2005, DISCMEDI

Vídeos

Costureiriña

DONICELAS

A Rabieira

DONICELAS

Flor da Murta

DONICELAS

Tal vez tamén che gusten