• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

27 SALAS. 32 ARTISTAS. 87 ACTUACIÓNS

27 Salas. 32 Artistas. 87 Actuacións
2 FEBREIRO 2017

Unha trintena salas repartidas polas catro provincias colaboran este ano coa Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto promovido pola AGADIC, ofrecendo unha canle de exhibición estable para artistas galegos e unha proposta máis variada, tanto en estilos musicais como en descentralización xeográfica, para os espectadores.

Co obxectivo de aportar estabilidade á programación de salas galegas de música en directo e favorecer a difusión dos artistas, o calendario cultural de xaneiro a xuño está composto por 87 actuacións (84 concertos e 3 monólogos) por parte de 32 formacións artísticas, na súa maioría galegas, cunha media de tres actuacións por grupo.

Entre os participantes, os nosos Villanueva, Igloo, Ivy Moon, Banda Crebinksy, Clave de Fado, Eladio y los Seres Queridos, Faltriqueira, Ith, Maryland, MJ Pérez, Sinestesia, Sumrrá, Tincho Fernán e Tractor Troy. A programación contará tamén con actuacións por parte de The Lákazans, Adrián Costa, Aló Djangó, Andhrea & The Black Cats, Brigada Bravo & Díaz, Dakidarría, Far Away Place, Piña, Por Placer, Secho y los Invisibles, Sonia Lebedynski, Las Lollipops, Tonichi y Pacheco, Helena Goch, The Lines e Frankie Chávez; e os monólogos de Alberte Montes e Padre Merino.

As salas dentro da RGVM son BâBâ Bar (A Coruña)·• Fórum Celticum (Culleredo) • Sala Super 8 (Ferrol) • A Ventana de Laxe, A Fundación e Pub Gatos (Melide) • Borriquita de Belém, Casa das Crechas, Moon Music Club, Sala Capitol e Sala Sónar (Santiago de Compostela) • Sala O Muíño de Cervo e Club Clavicémbalo (Lugo) • Café Bar Cultural Roi Xordo (Allariz) • Sala Baranda (O Barco de Valdeorras) • Café Cultural Auriense (Ourense) • O Con do Moucho (Illa de Arousa) • Aturuxo (Bueu) • SalaSon (Cangas) • Var con Uve (Moaña) • Náutico (O Grove) • Sala Karma (Pontevedra) • El Contrabajo, La Casa de Arriba, La Fábrica de Chocolate Club e La Iguana Club (Vigo) • Sala Bianco Sama (Vilagarcía de Arousa).

E como os pequenos detalles son os que marcan a diferenza, para estar ao tanto de día-hora-lugar-precio, visitade www.cultura.gal/axenda y www.agadic.gal/Axenda.

  noticias