• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Gelria

O simbólico nome do buque holandés no que o poeta rianxeiro Manuel Antonio estivo embarcado nas súas viaxes a América dá nome a este trío musical formado por Elena Tarrats (voz), Federico Mosquera (piano) e Mario G. Cortizo (percusión). O trío leva en funcionamento dende comezos do 2014 e ten tocado en Holanda e Barcelona. En Galicia, a súa presentación tivo lugar na compostelana Casa das Crechas dentro do Festival Feito a Man 2015, seguido doutros concertos pola nosa xeografía.

“Cantos de poeta” (Gelria, 2016) é o primeiro traballo discográfico da banda, que se presenta nun coidado formato libro-disco con textos de Manuel Rivas, ilustracións e fotografías. É un percorrido pola lírica galega dende Curros Enríquez até Chus Pato a través de 14 cancións feitas a partir doutros tantos poemas.

Contratación

Noa López
(+34) 650 605 152
info@noalopez.com

Discografía

Cantos de poeta

GELRIA

2016, Gelria

Vídeos

Cantos de poeta

GELRIA

Zocas

GELRIA

O gato da tasca mariñeira

GELRIA

Tal vez tamén che gusten