
“Contradictio” (Origin Records, 2022) é o segundo traballo como líder para a discográfica de Seattle, Origin Records, do músico galego Xosé Miguélez. Editado en marzo de 2022 en formación de cuarteto, no que destaca Jean-Michel Pilc, pianista franco-americano internacionalmente recoñecido, ao seu carón e dous dos máis importantes músicos de jazz en Portugal: Marcos Cavaleiro na batería e Carlos Barretto no contrabaixo.Cunha fonda inspiración na música tradicional galega, “Contradictio” é un álbum de primeiras tomas que pretende trasladar a sensación do directo e a comunicación entre os músicos da banda ao oínte. O repertorio combina composicións orixinais con estándares do cancioneiro americano revisitados. O disco foi gravado en novembro de 2021 no CARA-OJM de Matosinhos (Portugal), e mesturado en Savik Sound (Ponte Caldelas) por José Trincado e Nuno Couto.“Este álbum é unha revelación, músicos de alto nivel tocando xuntos e creando variacións de estándares e composicións orixinais dun xeito que se transmite máis aló da música". — Sammy Stein (Jazz Journalists Association), Jazzviews“O saxofonista Xose Miguélez establécese na escena do jazz internacional. Despois do éxito de ‘Ontology’, ‘Contradictio’ amosa o seu talento mesturando o bob coa música étnica”. — Hrayr Attarian, Allaboutjazz“‘Contradictio’ vai a estar nas listas do mellor do ano”. — Carlos Crespo, ‘Fugas’, La Voz de Galicia
Contratación
MadaProInés Portela 690 195 217 info@madapro.gal