• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Zeltia Irevire

Zeltia Irevire é unha banda galega cun estilo de autor único que se nutre de xéneros coma o folk ou o blues.

Formada no ano 2019 en Santiago de Compostela. Denominan o seu estilo propio como “Folk Tribal”, situándoo dentro das Músicas do Mundo.

Caracterízase pola sólida sonoridade dos instrumentos acústicos (bodhran, caixa de pimentón, violín, guitarra acústica e bouzouki), que se mesturan con outros sons máis electrónicos (sintetizador de baixo, pedais de efectos…). A composición das súas letras toman como referencia a sabedoría popular e reivindican a defensa do patrimonio cultural e natural de Galicia.

As súas integrantes son:

—Zeltia Acuña: voz e guitarra acústica.

—Migui Carballido: coros, bouzouki, bodhran e outras percusións.

—Cibrán Seixo: violín e sintetizador de baixo.

No 2019 danse a coñecer co EP “Directos na Ponte”. En 2023 recollen as súas cancións no seu primeiro LP “Vacaloura”.

Próximamente, verá a luz o novo repertorio no que están traballando, marcado polo seu estilo máis persoal.

Contratación

ANXEST PRODUCIÓNS
Anxo Xesteira
+34 683 320 953 - +34 633 044 237
xesteira@anxest.com

Discografía

VACALOURA

ZELTIA IREVIRE

2023, Zeltia Irevire

Vídeos

AGARDANDO O MENCER

ZELTIA IREVIRE

A LOBA

ZELTIA IREVIRE

IREVIRE (en directo)

ZELTIA IREVIRE

Tal vez tamén che gusten