• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Aduf

En 2008 José Salgueiro convidou a José Peixoto para reformular e dar vida ao grupo Aduf, proxecto que tivo como punto de partida unha presentación no ámbito da Expo 98 de Lisboa. O espectáculo foi entón producido con instrumentos feitos especialmente para o evento (adufes xigantes - "Adufões") e achegaba unha enorme forza escénica a un concepto aberto e culturalmente localizado, coa participación das Adufeiras de Monsanto, a fonte inspiradora deste concepto.

Hoxe, tendo como materia prima base autorías de José Peixoto, de José Salgueiro e adaptacións de temas e ritmos tradicionais, conformouse un grupo de nove elementos —cinco percusionistas, guitarra, teclados, ventos e voz— que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha linguaxe orixinal que achegue a contemporaneiade á forza das expresións rítmicas oriúndas do universo da(s) música(s) étnica(s). É cos "Adufões" e ao rededor desta referencia sonora, escénica e simbólica onde se desenvolve todo o traballo musical. Na parte vocal, a convidada María Berasarte (natural do País Vasco e unha das referencias da nova xeración de voces en España) achega unha dimensión ibérica e universal ao proxecto, expresándose tamén en portugués a través dunha visita aos poetas do país veciño.

Contratación

Zouma Producciones, S.L.
Carlos Barandela
(+34) 988 240 248 - (+34) 629 413 333
info@zoumarecords.com

Discografía

Aduf

ADUF, JOSÉ SALGUEIRO, JOSÉ PEIXOTO

2009,

Vídeos

BONS SONS 2014 - ADUF

ADUF

Aduf e Escola de Gaitas de fole do clube de Nobrijo - Cantiga ao Lado

ADUF

EPK Parte 2

ADUF

EPK Parte 1

ADUF

A quantas ando

ADUF

Tal vez tamén che gusten