Eugenio Granell foi un dos máis destacados pintores surrealistas do século XX. Mais a faceta musical de Granell, que gañou a vida ata os 40 anos como violinista e xornalista, permanecía inédita. Nos fondos da Fundación Granell atopamos máis de 200 anotacións musicais: liñas melódicas de forte inspiración galega. aCentral Folque encargoulle un traballo de nova creación a partir destas anotacións ao mestre cubano Alejandro Vargas. A escolla dun jazzista caribeño, e de tímbricas como as da gaita e a zanfona, responden á ideoloxía e obra de Granell, moi interesado polo indixenismo e as músicas populares do seu tempo. O resultado é unha banda formada por batería, contrabaixo, piano e voz, con colaboración de gaita, zanfona e viola. Unha proposta que vai máis alá da música, facendo uso da liberdade creativa de Granell para abrir as súas anotacións musicais, ás derivacións de Vargas, ás improvisacións con raíz e ás interpretacións cheas de cor.A posta en escena destas Miniaturas musicais de Granell recorda o surrealismo mais non tenta imitalo. Os artistas dialogan co pasado desde o presente e fannos gozar del con todos os sentidos. FORMACIÓN: Alejandro Vargas (dirección, arranxos e piano), José Manuel Díaz (contrabaixo), LAR Legido (batería e obxectos sonoros), Mónica de Nut (voz e máquina de escribir), Germán Díaz (zanfona e caixa de música), Edelmiro Fernández (gaita), María José Pampano (viola e violín).Este proxecto recibiu o Premio Especial Cuba Disco na recente edición 2013.
Contratación
aCentral Folque Olga Nogueira (+34) 698 138 554 - (+34) 881 031 829 promotion@folque.com