• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sérgio Tannus

Sérgio Tannus é un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, –como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións–, e autodidacta, o músico foise perfeccionando na busca de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entrementres deixar de lado as súas raíces brasileiras. Desde 2006, vive en Santiago de Compostela, en Galicia, desde onde está a divulgar o seu traballo como multiinstrumentista e cantautor por varios países de Europa. Tras numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, proponnos para este ano o seu novo disco "Son brasilego", un proxecto de gran porte e numerosos colaboradores, onde estará apoiado como sempre pola súa banda base.

Acompañarase tamén en “Son brasilego” de todos aqueles artistas galegos que o coñeceron e que compartiron con el grandes momentos musicais en todos estes anos que leva vivindo en Galicia.

Outros músicos portugueses, brasileiros, angolanos... cos cales tamén compartiu estes anos de traxectoria artística tamén estan presentes neste traballo, creándose así unha auténtica ponte musical entre os países da lusofonía, especialmente entre Galicia e Brasil.

Contratación

Culturactiva
Manuel Roxo
(+34) 981 582 836 - (+34) 619 933 348
info@culturactiva.org

Discografía

Alegría!

SÉRGIO TANNUS

2015, Editorial Galaxia

Son Brasilego

SÉRGIO TANNUS

2012, Fol Musica

Vídeos

Nubes

SÉRGIO TANNUS

Bethoven Tinha Razão - making off

SÉRGIO TANNUS

Choro Alegre - making off

SÉRGIO TANNUS

Son Brasilego - making off

SÉRGIO TANNUS

Tal vez tamén che gusten