• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11+11 POR ELAS (E POR NÓS). VOL 1

11+11 POR ELAS (E POR NÓS). VOL 1
8 MARZO 2018

«Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe». Así comezaba o manifesto de Rosalía de Castro #AbrideAFiestra, promovido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en conmemoración do seu día o pasado 24 de febreiro.

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, vai por elas, polas que loitaron, polas que están loitando e polas que virán loitar. Desde GalicianTunes abrimos a fiestra cunha listaxe de grandes mulleres da nosa plataforma para poñerlle banda sonora ao noso día, para conmemoralo a ritmo de rock, canción de autor, blues ou música tradicional galega; ti decides.

 

Uxía - “Rosalía Pequeniña” (Rosalía Pequeniña, 2013)

 

Guadi Galego - “Matriarcas” (Lúas de outubro e agosto, 2014)

 

Silvia Penide - “Lo que dure es lo de menos” (Todo pintado de plata, 2016)

 

Agoraphobia - “Zero” (Incoming Noise, 2017)


 

BALA - “Joan Vollmer” (Human Flesh, 2015)

 

Cristina Pato y Rosa Cedrón - “Negro Caravel” (Soas, 2010)

 

Susana Seivane - “Pasodoble de San Roque” (Os soños que volven, 2009)


 

Sés - “Tempestades de sal” (Readmirando a condición, 2017)

 

Mercedes Peón - “Ajárrate” (Sihá, 2007)

 

Nastasia Zürcher - “Stronger” (Beat, 2017)

 

Najla Shami - “Negra sombra” (Na lingua que eu falo, 2013)

 

E como o noso non é cousa dun día e talento sóbranos, mañá 9 de marzo publicaremos unha segunda listaxe con +11 mulleres artistas.

ETIQUETAS

  noticias